Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 57970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/221-4).

Expediente: IN407A 2022/221-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución do condutor nas LMTS BAL.

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 19 de maio de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica denominada substitución do condutor nas LMTS BAL.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na substitución das liñas de media tensión subterránea (LMTS) BAL707 nos tramos BAL7071551 e BAL7071552; BAL708 no tramo BAL7082964; BAL712 no tramo BAL7120163; BAL714 no tramo BAL7140669; BAL716 no tramo BAL7160829; BAL718 no tramo BAL7181366; BAL723 no tramo BAL7230680; BAL725 no tramo BAL7250685, BAL727 no tramo BAL7270447; BAL728 no tramo BAL7280979; BAL730 no tramo BAL7300485; e BAL731 no tramo BAL7310172. As actuacións están previstas na avenida do Alcade Portanet, rúa do Val Miñor, rúa do Fagoso e rúa Manuel de Castro, no concello de Vigo (Pontevedra), desde a saída da subestación Balaídos ata o centro de transformación Manuel de Castro.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, Augas de Galicia, Enagás, o Servizo do Patrimonio Cultural e a Axencia Galega de Infraestruturas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Vigo e polo Servizo do Patrimonio Cultural.

Enagás manifestou que o proxecto non afecta o gasoduto Villalba-Tui da súa titularidade.

Os demais organismos non emitiron condicionados técnicos, polo que se entende, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ, en catro actuacións:

116 metros de lonxitude, con orixe na subestación Balaídos e final nas LMTS BAL7071552, BAL7082964, BAL7120163, BAL7140669 e BAL7160831.

116 metros de lonxitude, con orixe na subestación Balaídos e final na LMTS existente BAL7310172 e proxectadas BAL718, BAL723, BAL725, BAL727 e BAL728.

259 metros de lonxitude, con orixe nas LMTS proxectadas BAL723, BAL725, BAL727 e BAL728 e final nas LMTS existentes BAL7230680, BAL7250685, BAL7270447 e BAL7280979.

645 metros de lonxitude, con orixe na LMTS proxectada BAL718 e final no CT Manuel de Castro 36SDS2.

A instalación está situada na avenida do Alcade Portanet, rúa do Val Miñor, rúa do Fagoso e rúa Manuel de Castro, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada substitución do condutor nas LMTS BAL (expediente IN407A 2022/221-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 11 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra