Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 57974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/209-4).

Expediente: IN407A 2022/209-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTA, LMTS novo tramo BAL722-PNG Balaídos.

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 13 de maio de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTA, LMTS novo tramo BAL722-PNG Balaídos.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións previstas no concello de Vigo:

Desmontaxe dos apoios de formigón 9WUKP8QQ//1, 9WVRUKLE//2 e 9WVO5DB6//3 e do apoio de celosía metálica 9WVSM1K6//4 debido ao soterramento do tramo de liña entre estes apoios.

Substitución do condutor existente na BAL722 entre os centros de transformación 36C653 e 36C662.

Substitución do tramo de condutor TRI-AL-150-PPV comprendido entre os centros de transformación 36S664 e 36S663.

Desconexión dos centros de transformación 36PBJZ e 36PYZ8 da liña SDM710 e a súa conexión á liña SDM706.

Un novo tramo de liña da TRO704 entre o centro de transformación 36CWT2 e o empalme coa SDM710, que deixa sen servizo o tramo da liña TRO704 entre os centros de transformación 36C859 e 36CWT2.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, a Demarcación de Estradas do Estado e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Vigo e o Servizo do Patrimonio Cultural.

A Demarcación de Estradas do Estado non emitiu condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Desmontaxe dos apoios de formigón 9WUKP8QQ//1, 9WVRUKLE//2 e 9WVO5DB6//3 e do apoio de celosía metálica 9WVSM1K6//4.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ, en seis actuacións:

• 528 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación (CT) 36C653 e final no CT 36C662.

• 14 metros de lonxitude, con orixe na LMTS SDM709 e final no CT 36SX09.

• 49 metros de lonxitude, con orixe no empalme proxectado na liña BAL722 e final no empalme proxectado na liña BAL722 (esquina avenida Hispanidade coa avenida Gran Vía).

• 575 metros de lonxitude, con orixe no CT 36SX09 e final no empalme proxectado na liña SDM710.

• 117 metros de lonxitude, con orixe no CT 36CWT2 e final no empalme proxectado no novo tramo de liña TRO704.

• 68 metros de lonxitude, con orixe no CT 36S664 e final no CT 36S663.

A instalación está situada no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

Resolvo:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTA, LMTS novo tramo BAL722-PNG Balaídos (expediente IN407A 2022/209-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 11 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Vigo