Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de outubro de 2022 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 228/2022 no expediente de reposición da legalidade PON/591/2014-RP1.

Para os efectos de lle dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento abreviado 228/2022, interposto pola persoa con DNI 35289500W, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 31 de maio de 2022, interposto contra outra do 13 de xaneiro de 2016 (expediente PON/591/2014-RP1), na cal se declara que as obras de construción dunha edificación para uso residencial, sitas na parcela 386 do polígono 31, no Camiño Real, 24-C, lugar de Bagüín, Mogar, no concello de Marín, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras e o cesamento definitivo dos usos a que deron lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lles notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 35137712Z para que se poida presentar como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística