Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2022 Páx. 56722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 17 de outubro de 2022 pola que se notifica apercibimento previo á execución forzosa de retirada de embarcación no porto de Bueu, acordada pola resolución emitida no procedemento administrativo sancionador con referencia 13-17-21-04.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Segismundo Rial Ferradas, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, apercibimento previo á execución forzosa da retirada da embarcación Faneca Brava da praza de amarre número P3/11A do pantalán recreativo do porto de Bueu, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A medida de reposición da legalidade coa retirada da embarcación acordouse en virtude de resolución firme na vía administrativa emitida pola Dirección de Portos de Galicia o 20 de xaneiro de 2022, ao abeiro do establecido no artigo 142 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia, resolución que foi publicada no Boletín Oficial del Estado número 54, do 4 de marzo de 2022.

Publícase polo exposto o presente apercibimento ao propietario da embarcación, a quen se lle fai saber que Portos de Galicia vai iniciar nas vindeiras datas as actuacións necesarias para retirar de modo forzoso e ao seu cargo a embarcación do amarre que ocupa sen autorización.

Chegado o momento da retirada forzosa, Portos de Galicia non se responsabilizará dos danos que poida sufrir a embarcación durante a retirada e traslado nin dos deméritos que sufra mentres permaneza depositada e ata que sexa retirada novamente.

O lugar onde quedará depositada ou amarrada a embarcación seralle oportunamente notificado.

Mentres non se leve a cabo a retirada forzosa por parte de Portos de Galicia, poderá o propietario facerse cargo dela e realizar a retirada da praza de amarre que ocupa sen autorización.

O presente acto administrativo constitúe un acto de execución derivado dunha resolución firme para todos os efectos contra a cal non cabe a interposición de recurso.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2022

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia