Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello dos Blancos (expediente IN407A 2022/155-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, con número de colexiado 1010 do COITI de León, o día 26.7.2022, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada o 24.8.2022.

Solicitante: UFD Distribución Eléctricidad, S.A., CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: repotenciación do CT 32CJ02 Loureses.

Situación: lugar de Loureses, concello dos Blancos (Ourense).

Orzamento: 7.704,52 €.

Características técnicas:

– Repotenciación do CT en caseta, con matrícula 32CJ02 Loureses, que pasa de 100 a 160 kVA, e relación de transformación 20.000/400-230 V, manobra exterior en edificio non prefabricado de superficie existente, illante en aceite mineral. Está conectado á rede AT XIN809 Os Blancos-Baltar 9 e a súa situación en coordenadas UTM, fuso 29, é X: 601274 e Y: 4648728.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 29 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense