Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2022/153-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese á información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMT, CTC e RBT O Roupeiro (O Pereiro de Aguiar).

Situación: lugar do Roupeiro, concello do Pereiro de Aguiar.

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución do apoio núm. 82-A-3 por novo apoio metálico fin de liña, do tipo C-14/2000, do cal partirá a rede de MT subterránea, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, que alimentará o CTC proxectado, con inicio no paso A/S proxectado no citado apoio da LMTA VLL813 (expediente IN407A 2016/167-3) e final no centro de transformación (CT) proxectado.

– CT prefabricado compacto de manobra exterior con envolvente de formigón, telecontrolado GSM/GPRS/FO 2L1P, con transformador de 250 kVA/20 kV en substitución do actual en caseta 32C876 (O Roupeiro). Illante en aceite mineral.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dos dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, con número de colexiado 1534 do ICOIIG, o 31.5.2022.

2. A relación concreta e individualizada das persoas propietarias dos bens e dos dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou as observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, rúa Curros Enríquez, 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 28 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2022/153-3.

Situación: lugar do Roupeiro, concello do Pereiro de Aguiar.

Denominación: LMT, CTC e RBT O Roupeiro (O Pereiro de Aguiar).

Predio número en proxecto: 1, referencia catastral: 32059A094002290000OQ.

Lugar: prados.

Cultivo: matogueira.

Titular: herdeiros de Antonio Armada.

Afeccións: apoio número 82-A-3, superficie de ocupación de 10 m2.

Predio número en proxecto: 2; referencia catastral: 32059A094002350000OT.

Lugar: prados.

Cultivo: improdutivo.

Titular: José Miguel Pérez Pérez.

Afeccións: CTC, superficie de ocupación de 17 m2, lonxitude: 1 m, servidume: 3 m2.