Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Muíños (expediente IN407A 2022/156-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese á información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación da LMTA DC CCH804-CCH806, apoio número D76.

Situación: lugar do Mugueimes, concello de Muíños.

Características principais recollidas no proxecto:

– Substitución do apoio núm. D76, de tipo HV 2(14/2B)-DC, por deterioración, e instalación no seu lugar dun novo apoio de celosía metálica de tipo C-18/4500-E30, con retensado dos condutores existentes LA-110 e LA-56 sobre aquel.

– Modificación da LMTS de alimentación ao CT Mugueimes 32CJ57, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm2 Al, de 26 m de lonxitude, con inicio no citado apoio núm. D76 proxectado, con paso A/S da LMTA DC CCH804-CCH806.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, con número de colexiado 1534 do ICOIIG, o 6.4.2021.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios dos bens e dos dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, rúa Curros Enríquez 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 28 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2022/156-3.

Situación: lugar de Mugueimes, concello de Muíños.

Denominación: regulamentación da LMTA DC CCH804-CCH806, apoio número D76.

Predio número en proxecto: 1.

Referencia catastral: 32052A021014890000RE.

Lugar: corredoira.

Cultivo: labor.

Titular: Juan José Rodríguez Gómez.

Afeccións: apoio número D76, ocupación de 10 m2, lonxitude: 3 m, servidume: 6 m2.