Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello da Merca, na provincia de Ourense.

Mediante o Acordo do 13.9.2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida á información pública a solicitude da autorización administrativa previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Merca (expediente IN407A 2022/124-3), o cal foi publicado no DOG do 5.10.2022, e realizouse ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, na rúa Curros Enríquez, 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 5 de outubro de 2022

A xefa territorial de Ourense
P.S. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/124-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA CEL804 derivada ao CT 32CGS6.

Concello: A Merca.

Predio número en proxecto: 3.

Referencia catastral: 32048A502000450000XT.

Lugar: Abelairas.

Cultivo: labor.

Titular: herdeiros de Antonio Santos Mouriño.

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio número 89-8.