Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56277

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do expediente 2022/PLANEAM/000004 (FG 691).

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 16 de setembro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle do quinteiro RP-6 do Plan parcial sector SUD-11, rúa Bélxica, Dorneda-Campo de Golf (documento RE nº 2022010610, do 10.6.2022), promovido por Nova Galiza Urbanizadora, S.L.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org

Oleiros, 21 de setembro de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente