Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle do quinteiro RP-4 do Plan parcial do sector SUD-11, rúa Dinamarca, Dorneda-Campo de Golf, expediente 2022/PLANEAM/000005 (FG 692).

O Pleno da corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 16 de setembro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle do quinteiro RP-4 do Plan parcial do sector SUD-11, rúa Dinamarca, Dorneda-Campo de Golf (documento R.E. número 2022010854, do 14.6.2022), promovido por Nova Galiza Urbanizadora, S.L.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello: www.oleiros.org

Oleiros, 23 de setembro de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente