Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56276

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación para a obtención de terreos de ampliación para o punto limpo da Laracha.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 22 de setembro de 2022, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio para a obtención de terreos para o punto limpo, segundo o proxecto de expropiación para a obtención de terreos de ampliación do punto limpo da Laracha, de acordo co Plan especial do SXIS de abastecemento de auga e saneamento (BOP do 15 de maio de 2014).

O proxecto de expropiación sométese á información publica polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 22 de setembro de 2022

José Manuel López Varela
Alcalde