Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Delfín e Places IV.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Delfín e Places IV e das concesións administrativas que as amparan, resultan:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante o escrito do 21.7.2022, José Santiago López Piñeiro solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Delfín e Places IV.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mejilloneras Belsan, S.L. (B10911683), das concesións administrativas e dos establecementos que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Delfín.

Situación:

Cuadrícula número: 104.

Polígono: D.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde do outorgamento: 28.9.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Santiago López Piñeiro (***6629**) e María Belén Romero Torres (***6672**).

Nova titular: Mejilloneras Belsan, S.L. (B10911683).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Places IV.

Situación:

Cuadrícula número: 36.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde do outorgamento: 8.11.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Santiago López Piñeiro (***6629**) e María Belén Romero Torres (***6672**).

Nova titular: Mejilloneras Belsan, S.L. (B10911683).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a fotocopia cotexada da seguinte documentación:

– Documento notarial da transmisión ou doazón.

– Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e nas obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de setembro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña