Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Laxos e Cardecide, do concello de Cuntis.

Una vez que se emitiu informe favorable da proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Laxos e Cardecide, concello de Cuntis, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar, para a exposición do plano e demais documentación do monte, o lugar da Casa Social do Monte Veciñal en Man Común de Laxos e Cardecide, no lugar de Laxos, no concello de Cuntis.

Ábrese un prazo dun (1) mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer, poidan presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade no seguinte enderezo: lugar de Laxos número 34, Cuntis; en días laborables, das 18.00 ás 20.00 horas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 27 de setembro de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra