Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme ao Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

Areas, SAT nº 5565 Xuga, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 22 de abril de 2022 e nomeamento da comisión liquidadora.

Agropegal, SAT nº 1403 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Agropegal, S.L. por acordo adoptado na asemblea xeral do 20 de maio de 2022, celebrada ante notario.

Os Arroxos, SAT nº 1371 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Os Arroxos, S.L. por acordo adoptado na asemblea xeral do 9 de xuño de 2022, celebrada ante notario.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias