Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 pola que se somete ao trámite de información pública o proxecto de expropiación do novo complexo hospitalario da Coruña, fase 1.1, de clave AC/21/215.30.3, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Antecedentes:

Dentro do denominado Proxecto do novo CHUAC englóbase a demolición do actual Hospital de Pacientes e a execución dun novo, dentro do ámbito do futuro complexo hospitalario. Por isto, faise precisa a adquisición dunha porción de terreo lindeira coa parcela onde se levará a cabo a actuación, que é precisa para executar a obra.

O edificio é a primeira fase do futuro complexo hospitalario CHUAC, de modo que a intervención dea como resultado un novo hospital que integre o que se vai construír co que xa existe, para que funcione todo como un conxunto. Trátase dun edificio de 13.200 m2 e 15 plantas de altura destinadas a hotel de pacientes e áreas administrativas, que se conectarán mediante unha pasarela co hospital existente.

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, determina no seu artigo 101 que son bens de dominio público do Servizo Galego de Saúde os afectos á prestación directa de servizos públicos propios do organismo e os inmobles da súa propiedade en que se encontren as súas unidades e entidades dependentes da súa Administración.

Establece a norma, de forma expresa, a declaración de utilidade pública no mesmo precepto: a declaración de utilidade pública enténdese implícita en toda expropiación relativa a obras e servizos que sexan competencia do Servizo Galego de Saúde para o cumprimento das funcións e a consecución dos fins fixados pola lei.

Por último, mediante a Resolución do Conselleiro de Sanidade do 17 de marzo de 2021 encomendóuselle á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión técnica da execución do novo hospital, e entre as tarefas encomendadas está a xestión das expropiacións.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública, para os efectos previstos nos artigos 18 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e os concordantes do seu regulamento, a relación de bens e dereitos necesarios para executar o documento referido, por un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Segundo. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e no Concello da Coruña (praza de María Pita, 1, 15001, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) está á disposición das persoas interesadas o documento básico completo.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Relacion de bens, dereitos e propietarios afectados

Concello da Coruña

Titular: Aparcisa (Aparcamiento Ciudad Sanitaria, S.A.).

CIF: A15083538.

Domicilio fiscal: avda. de Monserrat, 10, baixo, 15009 A Coruña.

Bens afectados: porción de terreo de 119 m².

Parcela: referencia catastral 9593402NJ4999S0001TD.

Dirección: r/ Castaño Eirís, 41, 15009 A Coruña.

Clasificación urbanística: solo urbano non consolidado.