Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dun parque de cultivos mariños de 600 m², situado na praia da Vía Norte, termo municipal do Grove.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 27 de xullo de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:

Identificación e localización: parcela de 600 m2, situado na praia da Vía Norte, termo municipal do Grove (Pontevedra).

Superficie: 600,00 m2.

Data da resolución do outorgamento: 30.8.2007 (DOG núm. 50, do 11.3.2008).

Remate da vixencia: 9.10.2027.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: Jorge Martín Iglesias Prol (***6275**).

Novo titular: Antonio Rodríguez Torres (***0551**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 28 de xullo de 2022

A xefa territorial de Vigo
P.D. (Resolución do 29.12.2021)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica