Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49381

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207N).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 161, do xoves 25 de agosto de 2022, procede facer as oportunas correccións:

Na páxina 45795, no artigo 24, punto 3.4º, segundo parágrafo, onde di: «A data dos xustificantes de gasto e do pagamento debe ser posterior á data de solicitude de axuda e terá como límite para a súa validez e admisión o último día do prazo de xustificación previsto nas bases reguladoras», debe dicir: «A data dos xustificantes de gasto e do pagamento debe ser posterior á data de solicitude de axuda e terá como límite para a súa validez e admisión o último día do prazo de xustificación previsto nas bases reguladoras. Os gastos realizados desde a data límite de xustificación da primeira anualidade da subvención e o 31 de decembro de 2022 poderán incluírse na xustificación da segunda anualidade».

Na páxina 45802, no artigo 30, punto 2.9, onde di: «Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado e se regulan os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións e o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais», debe dicir: «As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Nos anexos da presente resolución deberase formalizar a declaración das axudas percibidas polas persoas solicitantes.

Para o cómputo dos límites deste réxime de axudas terase en conta o concepto de “única empresa” establecido no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro».