Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49383

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia número 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no segundo cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe achegado pola AXI (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Autoridade Portuaria de Vigo para o fomento da mobilidade sustentable na fachada marítima de Vigo

8.6.2022

3.500.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Dodro para a mellora das vías baixo os pasos inferiores 0+640 e 1+280 da AG-11

28.6.2022

22.388,00

Addenda número 2 ao Convenio de colaboración asinado entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilamarín para mellorar a accesibilidade da OU-189

2.8.2022

Supón un incremento de 44.497,16 €