Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 2 de setembro de 2022 Páx. 47162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT, CT e RBT derivada Piño, no concello da Pobra do Brollón (expediente 2017/4-ATE).

O 25 de maio de 2022, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT derivada Piño, no concello da Pobra do Brollón (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello da Pobra do Brollón, deducida da que se someteu a información pública no xornal El Progreso do 17 de febreiro de 2022, no BOP de Lugo do 17 de febreiro e no Diario Oficial de Galicia do 1 de marzo, para que comparezan o día 13 de outubro de 2022, no Concello da Pobra do Brollón, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello da Pobra do Brollón estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 10 de agosto de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Políg.

Parc.

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

12

Manuel Jorge Pérez Valmonedo/ Mª Carmen García Cano

6

650

Liñares

Prado

7

69

22

Hros. Pilar García Núñez

6

451

Brea

Prado

9

89

33

José Luis Mondelo García

15

236

O Val

Monte alto

65

1.050

34

Descoñecido

15

234

O Val

Monte alto

5

2

2

40

35

José Antonio Pardo González

7

386

Couto

Prado

A0

2

50

508

52

Mercedes Álvarez Diego

7

128

Sobre Santalla

Prado

2

41

52/1

Mercedes Álvarez Diego

7

127

Sobre Santalla

Prado

A5

2

17

150

56

Ricardo Díaz López

7

62

Pedredo

Prado

A6 (1/2)

1

25

248

58

Ilda López

7

105

Pedredo

Prado

21

208

59

Hros. Avelino Escaleira

7

104

Pedredo

Prado

59

181

60

Ilda López

7

103

Pedredo

Prado

6

56

61

Hros. de Celestino Enrique

7

102

Pedredo

Prado

A7

2

9

88

61/1

Hros. de Celestino Enrique

7

101

Pedredo

Prado

8

83

61/2

Hros. de Celestino Enrique

7

97

Pedredo

Prado

14

127

62

Hros. de Avelino Escaleira

7

4

Pedredo

Prado

CT

36