Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 2 de setembro de 2022 Páx. 47165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de depósito do prezo xusto dos bens e dereitos afectados correspondentes ao expediente denominado E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo, na subestación de Barreiros (concello de Barreiros) (expediente IN407A 004/2016 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas o depósito do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo, na subestación de Barreiros, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 23 de agosto de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 004/2016 AT.

Denominación: E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación de Barreiros.

Depósito do prezo xusto.

Predio

Propietario

Anotación correo

Concello

Polígono

Parcela

18B

Monte comunal San Cosme de Barreiros

Descoñecido

Barreiros

65

166