Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46644

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas en San Pedro de Visma.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e/ou se ignora o lugar de notificación, ou resulta infrutuosa e, polo tanto, a notificación é imposible, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da dita Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Parcelas de titulares descoñecidos incluídas dentro do ámbito
da parroquia prioritaria de San Pedro de Visma

Ref. catastral

Parroquia/localización

NIF titular

Data da inspección

Área afectada (m2)

15900A01400240

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

934,93

15900A01400405

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

1.915,03

15900A01400407

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

1.258,29

15900A01400409

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

166,34

15900A01300087

Visma (San Pedro)

Descoñecido

15.6.2022

1.340,85

15900A01300089

Visma (San Pedro)

Descoñecido

15.6.2022

714,74

15900A01400143

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

1.294,88

15900A01400158

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

340,22

15900A01400222

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

412,5

15900A01400380

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

1.472,13

15900A01400382

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

539,4

3801704NJ4030S

Visma (San Pedro)

Descoñecido

15.6.2022

400,8

15900A01300229

Visma (San Pedro)

Descoñecido

15.6.2022

1.560,19

15900A01300232

Visma (San Pedro)

Descoñecido

15.6.2022

5.311,29

15900A01400376

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

96,08

15900A01400377

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

176,49

15900A01300099

Visma (San Pedro)

Descoñecido

15.6.2022

1.737,76

15900A01300100

Visma (San Pedro)

Descoñecido

15.6.2022

2.043,97

15900A01300101

Visma (San Pedro)

Descoñecido

15.6.2022

950,67

15900A01400372

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

296,34

15900A01400375

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

82,17

15900A01400639

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

386,44

5224458NJ4052S

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

1.064,13

5227412NJ4052N

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

83,48

5331909NJ4053S

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

3.902,08

15900A01400211

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

901,64

15900A01400218

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

87,19

15900A01400148

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

1.387,07

15900A01400389

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

618,66

15900A01400398

Visma (San Pedro)

Descoñecido

14.6.2022

257,57

15900A01300105

Visma (San Pedro)

Descoñecido

15.6.2022

1.250,71

1. En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ao se atoparen as parcelas anteriores incluídas no ámbito da parroquia priorizada de San Pedro de Visma, entenderase voluntariamente cumprida a obriga de xestión da biomasa cando, con anterioridade á finalización do prazo sinalado no parágrafo anterior, a persoa responsable subscriba o contrato de xestión da biomasa con Seaga, recollido no anexo III do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, do 17 de agosto de 2018), debendo comunicalo a este concello dentro do dito prazo.

2. Se, transcorrido o prazo sinalado anteriormente, as persoas responsables non xestionasen voluntariamente a biomasa, o Concello da Coruña, a través do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, do 17 de agosto de 2018), procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos e, se for o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da devandita Lei 3/2007. Para iso, o Concello procederá a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a xestión da biomasa, referenciados para cada unha das parcelas nas táboas anteriores, coa advertencia expresa de que se procederá á súa exacción inmediata, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos.

O anterior, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas.

O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3. Canto ao procedemento sancionador que se iniciará no caso de persistencia no incumprimento unha vez transcorrido o prazo outorgado, e segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, infórmase do seguinte:

A. Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007).

1) Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción, ou daquel con maior superficie afectada.

2) Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na Lei 3/2007 e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3) A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter.2 da Lei 3/2007.

B. Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

C. Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b) da Lei 43/2003).

D. Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

A Coruña, 9 de agosto de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 26 de xuño de 2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Esther Fontán Prado
Concelleira delegada de Medio Ambiente