Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46640

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal.

Asunto: modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal de Baiona. Anuncio de información pública.

Promotor: Concello de Baiona.

Expediente: 1643/2018.

O Pleno do Concello de Baiona, en sesión extraordinaria urxente do 5 de agosto de 2022, prestou aprobación inicial ao documento técnico da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Baiona, elaborado pola entidade Ordenación Territorial, Infraestructuras e Medio Ambiente, S.L. (OTIMA) e presentado no Rexistro Electrónico municipal o 17 de febreiro de 2022 (2022-E-RE-681).

Consonte o disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG), sométese o documento a información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. A documentación sometida a información pública abarcará todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluídos o resumo executivo e o informe de avaliación estratéxico.

Durante o dito prazo o expediente poderá ser examinado, logo de cita, por calquera interesado nas dependencias municipais entre as 9.00 e as 14.00 horas, co fin de que poidan formular as alegacións que ao seu dereito conveñan. Así mesmo, o documento técnico aprobado estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello na ligazón https://baiona.sedelectronica.gal/transparency/ac224840-fa7f-4826-9ee8-6ff0bc4db474/

De conformidade co acordado, e ao abeiro do disposto no artigo 47.2 da Lei do solo de Galicia, suspéndese, polo prazo de dous anos, o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelamento, edificación e demolición, nos ámbitos delimitados no resumo executivo do dito instrumento de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Baiona. Para tales efectos, como anexo, publicaranse o resumo executivo e os planos de ordenación números O.4.00 e O.4.02, tanto na versión do vixente PXOM como da proposta nesta modificación puntual.

Baiona, 5 de agosto de 2022

Carlos Gómez Prado
Alcalde presidente

ANEXO

a) Resumo executivo:

missing image file

b) Planos ámbitos:

missing image file