Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46648

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de iniciación do expediente de expropiación forzosa por procedemento ordinario e declaración da necesidade de ocupación da parcela ocupada por beirarrúa na rúa Beiramar, 20, Campelo, parroquia de San Xoán (Poio, Pontevedra) (expediente 3256/2019).

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 12 de xullo de 2022, acordou iniciar o procedemento de expropiación da parcela que ocupa a beirarrúa propiedade da Comunidade de Propietarios do edificio situado na rúa Beiramar, 20, Campelo, San Xoán, e que forma parte da parcela con referencia catastral 6178004NG2967N, de 38,7 m2, que consta no informe e plano xeorreferencial entregado no Concello o 30 de decembro de 2020 por ALP.

Publícase a relación concreta e individualizada da parcela que é necesario ocupar, durante o prazo de 15 días hábiles, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, no Diario de Pontevedra, e no taboleiro de anuncios do Concello, de conformidade co disposto nos artigos da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e artigos concordantes do seu regulamento, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957. Os interesados poden facer no prazo de 15 días hábiles, contados a partir da última publicación, as alegacións que consideren oportunas para os efectos de emendar posibles erros que se produzan na relación do ben afectado.

O expediente de expropiación pódese consultar no Servizo de Urbanismo ou oficina técnica municipal do concello.

A parcela 6178004NG2967N, estrema sur-frente, estrada de Campelo, hoxe rúa Beiramar; norte-fondo, irmáns L.G. e P.O.; leste-dereita entrando, casa de A.G.P.; e oeste-esquerda, casa de R.S.

Superficie afectada pola expropiación 38,7 m2, o terreno que ocupa a beirarrúa.

Relación de propietarios:

Alfonso José López Gamallo ¼ de propiedade.

Javier López Gamallo ¼ de propiedade.

María López Gamallo ¼ de propiedade.

Gumersindo López Gamallo ¼ de propiedade.

Poio, 27 de xullo de 2022

Luciano Sobral Fernández
Alcalde