1. Visto o Decreto da Alcaldía 2022-0982, do 10 de maio de 2022, mediante o que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de estabilización correspondente ao ano 2022, publicada no BOPPO núm. 93, do 16 de maio, e no DOG núm. 97, do 20 de maio.
2. Visto que a praza nº 01.04.00.03 debe cubrirse polo procedemento de selección concurso-oposición, segundo o artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o que non se especificou correctamente.
3. Visto que se cometeu un erro material ao relacionar as prazas pondo «posto» onde debería por «denominación».
4. Visto que nas publicacións dos anuncios de aprobación da oferta de emprego público extraordinaria de estabilización correspondente ao ano 2022, se omitiu o pé de recurso, que si figura no Decreto de aprobación da mencionada oferta de emprego público.
Esta Alcaldía, con base nas competencias establecidas na Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, onde se establece que as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos,
RESOLVO:
1. Avocar para min, neste asunto en concreto, as competencias delegadas na Xunta de Goberno local, por motivos de urxencia na tramitación, de conformidade co disposto nos artigos 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e 116 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2868/1986, do 28 de novembro.
2. Rectificar o Decreto da Alcaldía 2022-0982, e facer constar que o procedemento de selección para a praza nº 01.04.00.03, grupo: C1; escala: Administración xeral; subescala: administrativo; denominación: oficial administrativo, será o de concurso-oposición, segundo o establecido no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade do emprego público.
3. Na enumeración das prazas obxecto da oferta de emprego, onde di «posto» deberá dicir «denominación».
4. Aprobar o cadro completo da OPE de estabilización coas correccións que se sinalan e que se insiren, tendo en conta que as seguintes prazas que se inclúen na oferta extraordinaria de estabilización de emprego 2022 se adecúan ao disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Inclúense prazas de natureza estrutural que cumpren cos requisitos establecidos por esta lei. No caso de que as persoas que as ocupan na actualidade se presenten e superen o proceso selectivo correspondente, estabilizarán o vínculo xurídico que teñen co Concello: o persoal laboral temporal (incluído o indefinido non fixo) pasará a ter natureza de persoal laboral fixo e, de conformidade coa disposición transitoria 1ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o suposto de que estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, poderá seguir realizándoas ou desempeñándoas.
5. Publicar a presente corrección de erros da oferta de emprego na sede electrónica do Concello, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, quedando tal e como se inxire a continuación.
6. Incluír, na publicación dos anuncios de aprobación da oferta de emprego público extraordinaria de estabilización correspondente ao ano 2022, os recursos que poderán interpoñer os interesados.
Oferta extraordinaria de estabilización de emprego de 2022:
prazas de persoal laboral
Denominación |
Nº prazas |
Grupo convenio |
Subgrupo |
Prazas reserva discapacidade |
Proceso selección |
Pedagogo/a |
1 |
1 |
1.1 |
Concurso disposición adicional sexta da Lei 20/2021 |
|
Responsable do arquivo |
1 |
1 |
1.1 |
1 |
|
Logopedista |
1 |
1 |
1.2 |
||
Orientador/a laboral |
1 |
1 |
1.2 |
||
Profesor/a de música |
19 |
1 |
1.2 |
||
Coordinador/a de servizos auxiliares internos |
1 |
2 |
2.1 |
||
Coordinador/a da unidade |
1 |
2 |
2.1 |
||
Técnico/a superior en educación infantil |
10 |
2 |
2.2 |
||
Cociñeiro/a |
1 |
2 |
2.3 |
||
Oficial-oficios varios |
1 |
2 |
2.3 |
||
Responsable de emerxencias |
1 |
2 |
2.3 |
||
Auxiliar policía |
1 |
3 |
2 |
||
Condutor/a de pa |
1 |
3 |
3.1 |
||
Persoal de emerxencias |
5 |
3 |
3.1 |
||
Auxiliar de biblioteca |
2 |
3 |
3.2 |
||
Auxiliar de axuda fogar |
1 |
3 |
3.3 |
||
Conserxe |
2 |
4 |
4 |
||
Limpador/a |
3 |
4 |
4 |
||
Notificador/a |
1 |
4 |
4 |
||
Oficios varios |
1 |
4 |
4 |
||
Oficios varios-of. 3ª |
1 |
4 |
4 |
||
Oficios varios-peón de vías e obras |
1 |
4 |
4 |
||
Oficios varios-peón encargado limpeza |
1 |
4 |
4 |
||
Oficios varios-vixilante |
1 |
4 |
4 |
1 |
|
Oficios varios-vixilante do lixo |
1 |
4 |
4 |
Oferta extraordinaria de estabilización de emprego de 2022:
prazas de funcionarios
Grupo |
Escala |
Subescala |
Denominación |
Nº prazas |
Prazas reserva discapacidade |
Proceso selección |
A1 |
Administración especial |
Técnica |
Arquitecto/a |
1 |
Todas as prazas serán por concurso, segundo a disposición adicional sexta da Lei 20/2021, e a disposición adicional oitava para a praza 04.01.01.23, de oficial advo. C1, agás a praza 01.04.00.03 de oficial advo. C1, que será por concurso-oposición, segundo o artigo 2 da Lei 20/2021 |
|
A1 |
Administración especial |
Técnica |
Técnico/a de normalización lingüística |
1 |
||
A1 |
Administración especial |
Técnica |
Pedagogo/a |
1 |
||
A1 |
Administración especial |
Técnica |
Director/a asesor/a psicolóxico/a CIM |
1 |
||
A1 |
Administración xeral |
Técnica/xestión |
Responsable OMIC/asesor/a xurídico/a CIM |
1 |
||
A2 |
Administración especial |
Técnica |
Arquitecto/a técnico/a |
1 |
||
A2 |
Administración especial |
Técnica |
Educador/a familiar |
1 |
||
A2 |
Administración especial |
Técnica |
Traballador/a social |
1 |
||
A2 |
Administración especial |
Técnica |
Enxeñeiro/a técnico/a |
1 |
||
A2 |
Administración especial |
Técnica |
Xefe/a de departamento-traballador/a social |
1 |
||
A2 |
Administración xeral |
Xestión |
Técnico/a medio/a A.E.D.L. |
1 |
||
A2 |
Administración xeral |
Xestión |
Responsable do Departamento de Recursos Humanos |
1 |
||
C1 |
Administración xeral |
Administrativa |
Oficial administrativo/a |
6 |
||
C2 |
Administración xeral |
Auxiliar |
Oficial administrativo/a |
15 |
2 |
Todas as prazas estaban previamente incluídas na oferta de emprego público de 2020, salvo as seguintes:
Código |
Categoría/Denominación |
04.01.01.25 |
Auxiliar policía |
03.01.00.08 |
Arquitecto/a técnico/a |
01.04.00.03 04.01.01.23 02.02.05.20 |
Oficial administrativo/a |
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor alternativarmente recurso de reposición potestativo ante este órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.
Ponteareas, 17 de xuño de 2022
Mª Cristina Fernández Davila
Alcaldesa