Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 43080

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a descatalogación do edificio de Correos na ficha L-53 do seu catálogo (estación de ferrocarril).

O Pleno da corporación, na sesión que tivo lugar o día 28 de xullo de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente, de conformidade co informe favorable da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV), rexistrado de entrada neste concello con data do 5 de xullo de 2022, en cumprimento do establecido no artigo 18 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia (LRRRU), o proxecto de modificación puntual 03 do Plan xeral de ordenación municipal vixente, aprobado definitivamente de forma parcial mediante a Orde do 29 de abril de 2011 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), no ámbito territorial da ficha l-53 do seu catálogo de protección (estación de ferrocarril) para a descatalogación do edificio de Correos, redactado polo Servizo Municipal de Arquitectura do Concello de Lugo (arquitecta municipal: Susana Penedo Souto).

Segundo. Publicar este acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do proxecto de modificación puntual do PXOM á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, ao cal fai referencia o anterior acordo, remitir un exemplar do proxecto aprobado definitivamente en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente publicarase o anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Contra este acordo de aprobación definitiva poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpor calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 1 de agosto de 2022

Lara Méndez López
Alcaldesa