Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 28 de xullo de 2022 Páx. 41652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Chan do Eixo, situado nos concellos da Cañiza e Covelo, na provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/6-4).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: parque eólico Chan do Eixo, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Chan do Eixo.

Concellos afectados: A Cañiza e Covelo (Pontevedra).

Potencia que se instalará: 12 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 3.

Produción de enerxía media neta: 37.020 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 9.356.987,03 €.

Localización: (coordenadas UTM).

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y(ETRS89)

Concello

1

557.574,92

4.681.784,91

Covelo

2

558.874,93

4.681.784,94

Covelo

3

558.874,92

4.679.784,93

A Cañiza

4

556.874,92

4.679.784,90

Covelo

5

556.874,92

4.680.484,90

Covelo

Coordenadas dos aeroxeradores e do centro de seccionamento:

Aeroxerador

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y(ETRS89)

Concello

1

558.424,00

4.680.772,00

Covelo

2

558.430,00

4.680.390,00

A Cañiza

3

558.180,00

4.679.997,00

Covelo

Coordenadas do centro de seccionamento e medida:

CS

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y(ETRS89)

Concello

Centro xeométrico

558.205,00

4.679.885,00

Covelo

Coordenadas da envolvente do centro de seccionamento e medida:

Vértice envolvente

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y(ETRS89)

Concello

A

558.204,6498

4.679.893,8202

Covelo

B

558.210,7842

4.679.877,9657

Covelo

C

558.205,1886

4.679.875,8004

Covelo

D

558.199,0541

4.679.891,6549

Covelo

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Tres (3) aeroxeradores modelo SG 155 de potencia nominal 4,0 MW, con diámetro de rotor 155 metros e unha altura de buxa de 122,5 metros.

– Tres (3) centros de transformación de potencia aparente 4.700 kVA e tensión 0,690/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por un (1) circuíto con cables RHZ1 18/30 kV de seccións de 400 e 630 mm2 segundo o tramo, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento e medida. A mesma gabia incluirá cables de terra de Cu de 50 mm2 e condutores de fibra óptica.

– Un (1) centro de seccionamento e medida prefabricado normalizado cos seguintes elementos principais:

• Celas de media tensión 30 kV para medida, seccionamento e protección das liñas de entrada/saída de circuítos.

• Cela de medida con transformadores de intensidade e tensión.

• Cela de servizos auxiliares.

• Armario de contadores para medida.

• Armario rectificador-cargador, para tensións de 220 V AC e 48 V DC.

• Armario de servizos auxiliares.

• Cadro de control.

• Rack de comunicacións.

• Sistema de posta á terra en anel, que estará conectada coa posta á terra de ligazón do parque eólico.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por un (1) circuíto con cables RHZ1 18/30 kV 3×(1×630 mm2) Al, de interconexión entre o centro de seccionamento e medida e a subestación 30/220 kV do parque eólico Alto da Telleira. A mesma gabia incluirá cables de terra de Cu de 50 mm2.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29.7.2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o parque eólico Chan do Eixo e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 17.9.2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes a este parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Con todo, vista a Sentenza número 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, a información pública realizarase por un prazo de 30 días.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto técnico, estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a relación de bens e dereitos afectados que se anexa a esta resolución.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias dos concellos da Cañiza (rúa Oriente, 11, 36888 A Cañiza, Pontevedra) e de Covelo (praza do Mestre Cerviño, 2, 36872 Covelo).

Pontevedra, 15 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Chan do Eixo, sito nos concellos da Cañiza
e Covelo (Pontevedra)

Predio

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Nome
e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

Outras afeccións

Part.

Pol.

Parc.

Zapata

Plataforma

CSM

Vías

Gabias

Protección eólica

OT zona
aprovisionamento

Concello de Covelo

1

CMVMC Gondón

1

34

248

Mialle

Matogueira

1.092

21.678

416

17.625

3.654

16.682

19.102

1.934

3

Descoñecido

1

624

63

Portela de Deva

Matogueira

123

4

CMVMC Gondón

1

82

7

Foxedos

Matogueira, piñeiral madeireiro

14.219

Concello da Cañiza

5

CMVMC Petán

1

1

614

M. de Petán

Solo sen edif., obras urbaniz., xardinaría, constr. ruinosa

546

10.900

2.303

172

8.320

10.828

7

Descoñecido

1

Camiño

Vía de comunicación de dominio público

38

8

Descoñecido

1

3

1

Vilariño

Matogueira, carballeira

963

321

192

2.432

9

CMVMC Petán

1

4

1

M. de Petán

Matogueira

169

11

CMVMC Petán

1

4

1

M. de Petán

Matogueira

488

14

CMVMC Petán

1

12

1

Monte Fontefría

Matogueira

702

Concello de Covelo

15

CMVMC Maceira

1

82

6

Foxedos

Matogueira

2.505

17

CMVMC Maceira

1

83

420

Matrona

Matogueira, piñeiral madeireiro

125