Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 28 de xullo de 2022 Páx. 41648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS ATI724-733 ao C.R. Sanguiñeda, no concello de Mos, e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita (expediente IN407A 2021/064-4).

Feitos:

Primeiro. O 29 de marzo de 2021, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada LMTS ATI724-733 ao C.R. Sanguiñeda.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que a instalación consiste nunha liña de media tensión subterránea al C.R. Sanguiñeda e a reforma da liña área de media tensión ao C.R. Sanguiñeda no lugar de Monte, en Sanguiñeda, no concello de Mos.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

Terceiro. O 10 de xuño de 2021, esta xefatura ditou unha resolución pola que concede a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS ATI724-733 ao C.R. Sanguiñeda no concello de Mos (expediente IN407A 2021/064-4).

Cuarto. O 28 de outubro de 2021, UFD solicitou a declaración de utilidade pública das instalacións LMTS ATI724-733 ao C.R. Sanguiñeda por problemas de permisos. Xunto coa solicitude achegou unha relación de bens e dereitos afectados en que determina as seguintes afeccións:

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

L. Frada

Rústico

36033A058000610000SB

1

20,54

8

17,1

Quinto. Mediante escritos do 7 de febreiro de 2022, esta xefatura territorial notificou ás persoas contidas na relación de bens e dereitos afectados a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica referida.

Naqueles casos en que non foi posible efectuar notificacións, o 8 de xuño de 2022 publicouse o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e o 13 de xuño de 2022 no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, co fin de realizar a notificación por comparecencia. Transcorrido o prazo establecido nos mencionados anuncios, non compareceu ningunha persoa interesada.

Sexto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 7 de febreiro de 2022 publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 1 de marzo de 2022.

– Xornal Faro de Vigo: 24 de febreiro de 2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Mos do 10 de febreiro de 2022 ata o 25 de marzo de 2022 conforme o certificado emitido polo propio Concello.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo de 2022) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 400 metros de lonxitude, con orixe nos pasos aérosubterráneos no apoio nº 3 C-7000/16, proxectado nas saídas ATI724-ATI733, e final nas celas de liña libres do centro de reflexión Sanguiñeda. Retensado do van aéreo, 55 metros, entre o apoio proxectado nº 3 e o existente nº 2. A instalación está situada no lugar de Monte, Sanguiñeda, municipio de Mos.

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMTS ATI724-733 ao C.R. Sanguiñeda no concello de Mos (expediente IN407A 2021/064-4), o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 5 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra