Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 28 de xullo de 2022 Páx. 41643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita da parte aérea da instalación eléctrica Recuamento LMT VAA-705 derivada CT SMA encoro, nos concellos de Vigo e Gondomar (expediente IN407A 2019/014-4).

Feitos:

Primeiro. O 22 de xaneiro de 2019, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Recuamento LMT VAA-705 derivada CT SMA encoro.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que a instalación consiste nunha liña área de media tensión a 15 kV e nunha liña área de media tensión subterránea a 15 kV que discorre entre os concellos de Vigo e Gondomar, ademais da instalación dun centro de transformación de 250 kVA.

Segundo. Mediante escritos do 17 de xuño de 2019, esta xefatura territorial notificou ás persoas contidas na relación de bens e dereitos afectados a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica referida.

Terceiro. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 17 de xuño de 2019, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 8 de xullo de 2019.

– BOPPO (Boletín Oficial da provincia de Pontevedra): 4 de xullo de 2019.

– Xornal Faro de Vigo: 28 de xuño de 2019.

– Taboleiro de anuncios dos concellos de Vigo e Gondomar.

Durante o mencionado trámite recibíronse unicamente as alegacións presentadas por Remedios Fernández Costas.

Cuarto. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

Quinto. Para aqueles casos en que non foi posible efectuar notificacións, o 2 de xullo de 2019 e o 18 de xullo de 2019 publicouse o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, respectivamente, co fin de realizar a notificación por comparecencia. Transcorrido o prazo establecido no dito anuncio, non compareceu ningunha persoa interesada.

Sexto. Os servizos técnicos da xefatura territorial, á vista das alegacións presentadas e da documentación contida no expediente, emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Sétimo. O 6 de agosto de 2020, esta xefatura territorial resolveu outorgar unha autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización de construción da instalación eléctrica Recuamento LMT VAA-705 derivada CT SMA encoro, nos concellos de Vigo e Gondomar (expediente IN407A 2019/014-4). A declaración de utilidade pública estableceuse para os seguintes bens e dereitos afectados:

Parcela 4. Municipio: Vigo; lugar: Campo do Muíño; titular: Remedios Fernández Costas; afección: 2 m2 para o apoio 6-16.

Parcela 5. Municipio: Vigo; lugar: Campo do Muíño; titular: Sergio Abalde Vila; afección: 2 m2 para o apoio 6-19.

Parcela 7. Municipio: Vigo-Gondomar; lugar: Cacheiro; titular: descoñecido; afección: 16,81 m2 para o centro de transformación e 16,4 m2 de servidume aérea.

Oitavo. O 13 de outubro de 2021, UFD Distribución Electricidad, S.A. achega unha solicitude de ampliación da declaración de utilidade pública para a parte aérea da instalación eléctrica Recuamento LMT VAA-705 derivada CT SMA encoro, nos concellos de Vigo e Gondomar (expediente IN407A 2019/014-4) por problemas de permisos.

Noveno. Mediante escritos do 22 de febreiro de 2022, esta xefatura territorial notificou ás persoas contidas na relación de bens e dereitos afectados a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica referida.

Naqueles casos en que non foi posible efectuar notificacións, o 11 de marzo de 2022 e o 8 de xuño de 2022 publicouse o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia; e o 22 de marzo de 2022 e o 13 de xuño de 2022 no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, co fin de realizar a notificación por comparecencia. Transcorrido o prazo establecido nos mencionados anuncios, non compareceu ningunha persoa interesada.

Décimo. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2022, publicada nos seguintes medios:

– DOG: 17 de marzo de 2022.

– Xornal Faro de Vigo: 17 de marzo de 2022.

– Taboleiro de anuncios dos concellos de Vigo e Gondomar durante o prazo regulamentario.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

• LMT aérea a 15 kV con condutor tipo LA-56 en dúas actuacións:

◦ 594 metros; orixe no apoio existente 6-9 da LMT VAA-705 e final no apoio existente 6-21 da LMT VA A-705.

◦ 50 metros; orixe no apoio proxectado 6-10 na LMT VAA-705, onde se fai a derivada ao CT Fraga e final no apoio existente 6-10-1 da LMT VAA-705.

• LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ en dúas actuacións:

◦ 146 metros; orixe no paso aero-subterráneo (PAS) no apoio proxectado 6-10 e final no novo CT Fraga proxectado.

◦ 638 metros; orixe no PAS no apoio 6-21 e final no CT SMA encoro.

• Novo centro de transformación prefabricado (en substitución do existente intemperie de 160 kVA) a 250 kVA con R.T. 15 kV/400 V.

A instalación discorre polo lugar da Fraga, entre os concellos de Vigo e Gondomar (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Declarar a utilidade pública, en concreto, da parte aérea da instalación eléctrica Recuamento LMT VAA-705 derivada CT SMA encoro, nos concellos de Vigo e Gondomar (expediente IN407A 2019/014-4), o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 4 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra