Na Resolución da Alcaldía número 2022-0658, do 30 de xuño de 2022, aprobouse a seguinte oferta de emprego público para o exercicio 2022 coa especificación das prazas relacionadas, xunto coa súa denominación e clasificación:
Persoal funcionario de carreira. Taxa de reposición de efectivos.
Nº |
Denominación |
Grupo |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Titulación |
Provisión |
1 |
Oficial de policía |
C |
C1 |
Administración especial |
Servizos especiais |
Bacharelato ou equivalente |
Promoción interna |
2 |
Policía local |
C |
C1 |
Administración especial |
Servizos especiais |
Bacharelato ou equivalente |
Quenda libre |
1 |
Administrativo/a |
C |
C1 |
Administración xeral |
Administrativa |
Bacharelato ou equivalente |
Quenda libre |
Persoal laboral fixo. Taxa de reposición de efectivos.
Nº |
Denominación |
Grupo |
Subgrupo |
Titulación |
Provisión |
1 |
Arquitecto/a técnico/a |
2 |
Arquitecto/a técnico/a |
Quenda libre |
|
1 |
Capataz |
4 |
4A |
ESO ou equivalente |
Promoción interna |
1 |
Oficial 1ª de servizos |
4 |
4B |
ESO ou equivalente |
Quenda libre |
1 |
Limpador/a |
5 |
5B |
Non se require |
Quenda libre |
O que se publica en cumprimento do ordenado na resolución de aprobación desta.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.
No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, e entenderase desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada. Daquela, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedente conforme dereito.
Moaña, 4 de xullo de 2022
Leticia Santos Paz
Alcaldesa