Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 27 de xullo de 2022 Páx. 41527

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, por libre designación, do posto de director/a da banda de música.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 136, do 19 de xullo de 2022, publicáronse as bases aprobadas por resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 13 de xullo de 2022, relativas á seguinte convocatoria do posto de libre designación:

– 1 posto de director/a da banda de música.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Estas convocatorias e as súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 19 de xullo de 2022

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior