No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 116, do 20 de xuño de 2022, publicáronse as bases aprobadas por resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 15 de xuño de 2022, relativas á seguinte convocatoria:
Seis prazas de sarxento do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, subgrupo A2, CE 7/20, por promoción interna.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 29 de xuño de 2022
A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior