No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 151, do 4 de xullo de 2022, déuselle publicidade ás bases xerais e específicas reguladoras dos procesos de selección de tres prazas vacantes de funcionarios de carreira da escala da Administración xeral, dúas das prazas da subescala auxiliar (grupo C, subgrupo C2) e unha praza da subescala administrativa (grupo C, subgrupo C1). Dáselle publicidade ás bases e á convocatoria dos procesos de selección, mediante oposición por quenda libre. O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
O Barco de Valdeorras, 4 de xullo de 2022
Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde