Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 27 de xullo de 2022 Páx. 41518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Quiebra XXII e Quiebra XXIII.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión das bateas Quiebra XXII e Quiebra XXIII e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 9 de xuño de 2022, Daniel Benito Formoso Olveira solicitou autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora das concesións administrativas e das bateas Quiebra XXII e Quiebra XXIII.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora a favor de Daniel Benito Formoso Olveira (***5299**), das concesións administrativas e dos establecementos que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Quiebra XXII.

Situación:

Cuadrícula nº: 24.

Polígono: A.

Distrito: Noia (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 15.11.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Manuel Daniel Formoso Moledo (***9904**).

Novo titular: Daniel Benito Formoso Olveira (***5299**).

Tipo: batea.

Nome: Quiebra XXIII.

Situación:

Cuadrícula nº: 25.

Polígono: A.

Distrito: Noia (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 19.10.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Manuel Daniel Formoso Moledo (***9904**).

Novo titular: Daniel Benito Formoso Olveira (***5299**).

Baixo as seguintes condicións:

O novo titular das concesións queda subrogado nos dereitos e nas obrigas do anterior e, no caso da batea Quiebra XXII, subrógase en todas as obrigas contraídas polo transmitente en relación coa axuda tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205C 2016/008-1, en concepto de subvencións para investimentos produtivos en acuicultura cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Así mesmo, o novo titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 4 de xullo de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña