Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 27 de xullo de 2022 Páx. 41521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de xullo de 2022, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 3 de xuño de 2022, ditada no expediente sancionador LU-S-14/2021, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela a interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que a interesada poida interpoñer calquera outro que considere oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realízase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro)

Lugo, 12 de xullo de 2022

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: LU-S-14/2021.

Denunciado: María Aparecida Rodrigues de Souza.

Establecemento: A Charanga do Cuco.

Enderezo: rúa Concello de Sarria, 33.

Localidade: Foz.

Precepto infrinxido: artigo 35 alíneas f), g) e i) da Lei 7/2011.

Tipo de infracción: artigo109.2 alíneas a) e b) da Lei 7/2011.

Cualificación: leve.

Resolución: 3 de xuño de 2022.

Sanción: douscentos euros (200 €).