Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 27 de xullo de 2022 Páx. 41523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 1 de xullo de 2022, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude, presentada pola Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro, de concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación do edificio 14.07.EDF.015, titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de reparación de redes de arrastre de litoral e celebración anual da Festa da Pescada (expediente 14-07-22-C-1).

O día 3 de xuño de 2022, a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación do edificio 14.07.EDF.015 titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de reparación de redes do arrastre de litoral e celebración anual da Festa da Pescada, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 1 de xullo de 2022

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte