Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG número 66, do 5 de abril de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:
– Na páxina 21771, onde di: «1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 60 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.», debe dicir: «1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 50 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.».