Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41294

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na Resolución do 15 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2021-2022, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

No Diario Oficial de Galicia número 58, do 26 de marzo de 2021, publicouse a Resolución do 15 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2021-2022, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

No punto cuarto da resolución establecíase un crédito inicial de 2.000.000 €, coa seguinte distribución plurianual: 600.000 € para o ano 2021 e 1.400.000 € para o ano 2022, así como que o director xeral do Igape ampliaría o crédito no caso de que o crédito actual sexa insuficiente para atender todas as solicitudes presentadas, logo de declaración da súa dispoñibilidade, nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución publicada para o efecto.

Tendo en conta que a programación correspondente á convocatoria está resultando de moita aceptación, polo que se están a producir incrementos nos custos das accións realizadas, é necesario un incremento de crédito de 900.000 € para o ano 2022, para atender a demanda que se está a xerar. Declárase a existencia de crédito dispoñible pola existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Amplíase en 900.000 € o orzamento máximo da anualidade 2022, previsto no punto cuarto da Resolución do 15 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2021-2022, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, que queda establecido do seguinte xeito:

Partida orzamentaria

Ano 2021

Ano 2022

Total

06.A1-741A-7708

600.000

2.300.000

2.900.000

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica