Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41296

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 18 de xullo de 2022 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na Resolución do 15 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2021-2022, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

BDNS (Identif.): 554643.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase en 900.000 € o orzamento máximo da anualidade 2022, con cargo á partida orzamentaria 06.A1-741A-7708, que queda establecido do seguinte xeito: 600.000 € no ano 2021 e 2.300.000 € no ano 2022.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica