Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 26 de xullo de 2022 Páx. 41289

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 12 de maio de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS320A).

Con data do 27 de maio de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 101 a Orde do 12 de maio de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS320A).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 8 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 9 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 11 de xullo de 2022 no que se relacionan as entidades que deban emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Procedemento: BS320A, subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes na Orde do 12 de maio de 2022.

Data: 11 de xullo de 2022.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Nº de expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS320A 2022/008

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra

G36704195

– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a): revisar o reparto de días das persoas voluntarias por actividade.

– Anexo I: revisar os gastos do programa acorde aos cambios no proxecto de actividades.

BS320A 2022/040

Asociación Vodea

G27861061

– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a).

– Anexo I: revisar os datos dos gastos do programa para que sexa acorde ao indicado no proxecto de actividades.

BS320A 2022/053

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias e revisar o custo das persoas voluntarias

BS320A 2022/055

Valoresc Innovation

G70377585

– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a).

BS320A 2022/058

Concello de Mos

P3603300I

– Anexo I: indicar o número de persoas beneficiarias.

– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias.

BS320A 2022/064

Concello da Baña

P1500700H

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b).

BS320A 2022/070

Asociación de Pais, Nais, Familiares e Amigos de Persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) Un Máis

G94046380

– Anexo I: indicar subvención solicitada a Consellería de Política Social e Xuventude, data de inicio, data de fin, datos das persoas voluntarias e revisar orzamento.

– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a): indicar obxectivos, identificación de problemas, número aproximado de persoas beneficiarias e revisar orzamento.

BS320A 2022/073

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a): revisar o número de horas/días indicados para as persoas voluntarias.

BS320A 2022/076

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

– Anexo I ou proxecto: o orzamento non coincide.

BS320A 2022/077

Asociación Antonio Noche

G15210388

– Proxecto de actividades (artigo 8.1.a).
– Anexo I: revisar os gastos do programa e o orzamento solicitado (artigo 6.4).

BS320A 2022/082

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo  8.1.b).