Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 20 de xullo de 2022 Páx. 40754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chandrexa de Queixa (expediente IN407A 2022/22-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado en Valladolid polo enxeñeiro técnico industrial Roberto Lozano Fresneda, colexiado nº 2871 do Colexio Profesional de Graduados en Enxeñería e ITIV, o día 2.10.2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.; CIF: A95075578.

Enderezo: autovía San Adrián, núm. 48, 48003 Vizcaia (Bilbao).

Denominación: proxecto de modificación da L.A.A.T. 31-San Cristóbal, da S.T.R. CH Chandrexa (3177), entre o apoio núm. 1 e a entrada na S.T.R. CH Chandrexa.

Situación: Concello de Chandrexa de Queixa (Ourense).

Orzamento: 17.927,52 €.

Características técnicas:

Modificación da L.A.A.T. 31-San Cristóbal, a 20 kV (3ª categoría), para corrección de situación antirregulamentaria a ascensor da presa de Chandrexa de Queixa, coa instalación de novo condutor LA-56 (tramo aéreo) de 94 m de lonxitude, con final sobre o novo apoio proxectado, torre metálica núm. FL1, para continuar en novo tramo en subterráneo, por canalización proxectada en bandexa, e condutor tipo HEPRZ1 (AS) 12/20 kV 3(1×240 mm2)+H16 de 52 m de lonxitude, que remata na cela de liña existente de 20 kV no interior da S.T.R. CH Chandrexa (3177).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 23 de xuño de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Rodríguez Paz
Xefe de Servizo de Enerxía e Minas