Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 20 de xullo de 2022 Páx. 40751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previas e de construción do proxecto modificado de instalacións eléctricas no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2021/27-3).

Mediante a Resolución do 27 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previas e de construción a instalacións eléctricas no concello do Barco de Valdeorras (DOG núm. 115, do 18 de xuño).

O 20.5.2022, tivo entrada na Xefatura Territorial de Ourense, unha solicitude de modificado das instalacións eléctricas que foran autorizadas pola citada resolución.

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas modificadas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, o día 13.10.2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada dixitalmente o 14.10.2021.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A. (UFD); CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, número 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: modificado nº 1 LMTA, LMTS, CS, O Barco-Sobradelo.

Situación: concello do Barco de Valdeorras (Ourense).

Orzamento: 188.683,34 €.

Características técnicas do proxecto modificado:

– Recuamento de 13 apoios de media tensión das liñas aéreas BDV806 Sobradelo, BDV705 Rubiá-Cova e BDV802 Alixo-Casaio.

– Instalación de 4 novos tramos nas liñas de media tensión BDV806 Sobradelo (3) e BDV705 Rubiá-Cova (1), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con lonxitudes de 38, 23, 51 e 21 metros respectivamente, iso para evitar a afección das instalacións co trazado da nova estrada e para restablecer o servizo na LMTS BDV705 Rubiá-Cova modificada.

– Actuación 1: instalación de novo tramo de 166 m en condutor tipo LA-110 mm² Al, sobre 2 novos apoios proxectados con orixe no apoio C-A-AL-14/2000-E30-CA existente en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 666.109 e Y: 4.699.099 e final no apoio CH-A-AL-15/1000-DC1-CA existente en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 666.660 e Y: 4.698.991.

– Actuación 2: con 30 m en condutor tipo LA-110 mm² Al, sobre o apoio previsto na actuación 1, con orixe no apoio C-A-AG-18/9000-E30-CA proxectado en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 666.540 e Y: 4.699.274 e final no apoio C-A-AG-16/3000-CB1-CA existente, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 666.557 e Y: 4.699.229.

– Actuación 3: dotación de novo apoio e 206 m de condutor tipo LA-110 mm² Al con orixe no apoio HVH-A-AL-14/2B-LIRA-CA existente nas coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 668.165 e Y: 4.697.662 e final no apoio C-FL-16/7000-E30-CA proxectado en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 668.827 e Y: 4.697.658.

– Actuación 4: instalación de 7 novos apoios e 678 m de condutor, tipo LA-110 mm² Al, con orixe no apoio C-FL-16/7000-E30-CA proxectado en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 668.827 e Y: 4.697.658, e final no apoio HV-A-AL-15/1000-DC1-CA existente en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 669.537 e Y: 4.697.926.

– Actuación 5: dotación de 2 novos apoios proxectados e 106 m de condutor LA-56 mm² Al, con orixe no apoio C-FL-14/2000-H35-CA proxectado en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 670.180 e Y: 4.697.984 e final no apoio HV-A-AL-S Tipo-LIRA-CA existente en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 670.180 e Y: 4.697.984.

– Actuación 6: instalación de novo tramo de 18 m, en condutor tipo LA-56 mm² Al, sobre apoio proxectado en actuación 5, con orixe no apoio C-FL-14/2000-H35-CA proxectado en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 670.180 e Y: 4.697.984 e final no apoio C-FL-16/1000-H35-CA existente en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 670.190 e Y: 4.697.999.

– CS (centro de seccionamento) de tipo prefabricado 3L+2TC+TT, tensión 20 kV manobra exterior, para restablecer o servizo ao CT Candís II (32CS98), expediente núm. 1996/49.

O presente proxecto correspóndese co modificado número 1 do proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, o 1.3.2021, relativo ás instalacións eléctricas autorizadas pola Resolución do 27 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás ditas instalacións modificadas, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto modificado número 1 arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Ourense, 1 de xuño de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense