Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 12 de xullo de 2022 Páx. 39692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 29 de xuño de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Carraxo (ampliación), a favor dos veciños/as da parroquia de Carraxo (San Bieito), no concello de Laza (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 31 de maio de 2022, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Carraxo (ampliación), a favor dos veciños/as da parroquia de Carraxo (San Bieito), no concello de Laza (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 8 de outubro de 2019, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de varios veciños, no que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Carraxo (ampliación).

Segundo. Con data do 22 de setembro de 2021, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións ás que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Durante a tramitación do procedemento presentaron escritos de alegacións as CMVMC de Couso e Freande e a de Alberguería. A CMVMC de Couso e Freande alega que a clasificación proposta invade terreos da súa pertenza, existindo unha afectación variable sobre as seguintes parcelas: 32040A10500512, 32040A10500664, 32040A10500740, 32040A10500741, 32040A10500742, 32040A10500743, 32040A10509015, 32079A07000141, 32079A12000662, 32079A12000663, 32079A12000664 e 32079A1209006.

A CMVMC de Alberguería alega igualmente que a clasificación proposta invade terreos da súa pertenza, existindo afectación sobre as seguintes parcelas: 32040A10600977, 32040A10600849, 32040A10509012 e 32040A10500508.

O Xurado, no que respecta á superficie controvertida, acordou que o procedente é que as comunidades veciñais implicadas cheguen a un acordo no relativo o perímetro estremeiro dos seus montes, de acordo coas previsións establecidas no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Polo demais, acorda a clasificación do monte veciñal, unha vez cumpridos os trámites fixados pola normativa.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

– Nome do monte: Carraxo (ampliación).

– Superficie: 5,42 ha.

– Pertenza: CMVMC de Carraxo e O Santo.

– Parroquia: Carraxo (San Bieito).

– Concello: Laza.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Estes terreos, malia estaren atravesados polo camiño correspondente á parcela con referencia catastral 32040A09409010, constitúen un único couto redondo segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

32040A09400002

(parte da parcela)

32040A09400196

(parte da parcela)

32040A09400198

(parte da parcela)

32040A09409009

(parte da parcela)

32040A09409011

(parte da parcela)

32079A12000668

(a parte da parcela situada no concello de Laza)

32079A12009007

(a parte da parcela situada no concello de Laza)

Norte

32040A09409011 (resto da parcela)

Leste

32040A09400196 (resto da parcela)

32040A09409009 (resto da parcela)

32040A09400198 (resto da parcela)

32040A09409010

32040A09400002 (resto da parcela)

Sur

32040A09409011 (resto da parcela)

32079A12000668 (resto da parcela situada no concello de Laza)

Oeste

32079A12000668 (a parte da parcela situada no concello de Sarreaus)

32079A12009007 (a parte da parcela situada no concello de Sarreaus)

32079A12000664

32040A10500743

32040A09409010

32040A10500740

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da dita lei «son montes veciñais en man común os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Carraxo (ampliación), a favor dos veciños/as da parroquia de Carraxo (San Bieito), no concello de Laza (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 29 de xuño de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense