Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 12 de xullo de 2022 Páx. 39696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha persoa propietaria da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) para ser notificada por comparecencia dunha resolución de reestruturación parcelaria da zona que lle afecta.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), unha persoa propietaria da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificada por comparecencia dunha resolución de reestruturación parcelaria da zona de concentración que lle afecta.

A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 29 de xuño de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

DNI

Acto notificado

32779958J

Notificación de resolución