Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 12 de xullo de 2022 Páx. 39697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de xuño de 2022 pola que se empraza a persoa interesada no procedemento abreviado 146/2022 no expediente de reposición da legalidade POL/116/2015-B1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento abreviado 146/2022, interposto pola persoa con DNI 35899561-B, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 2.3.2022, interposto contra outra do 12.12.2019 (expediente POL/116/2015-B1), en que se impón unha segunda multa coercitiva por importe de 4.815 euros, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 9.9.2016, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 46873860-K, para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística