Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2022-15 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: reforma e automatización do CT 7403 Casa da Cultura.

Situación: concello de Burela.

Características técnicas principais: reforma do CT non prefabricado (7403) Casa da Cultura, cunha potencia total instalada de 1.660 kVA e unha potencia máxima admisible de 1.890 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V e 20.000/220-127 V, consistente en:

– Substitución da aparellaxe ao aire existente por aparellaxe de nova xeración.

Instalación de dúas novas celas de liña de SF6 telemandadas, tres de protección de transformador e unha de interruptor automático.

– Instalación de dúas máquinas de 630 kVA e unha de 400 kVA (existentes).

– Instalación de catro cadros de baixa tensión e dúas ampliacións de cadro de BT.

– Instalación de novas pontes de MT e BT.

– Modificación do circuíto de alumeado, emerxencia e terras.

– Instalación de sistema de ventilación forzada.

Finalidade da instalación: nova subministración.

Orzamento: 89.409,86 €.

Documentación que se acompaña:

• Separata para o concello de Burela.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución. A dirección de obra deberá realizala un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 20 de xuño de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo