Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 38134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2021/139-3).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA PRS801 apoios núm. D34 e núm. D35 (expediente IN407A 2021/139-3), no concello de Nogueira de Ramuín, correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo neste.

Ourense, 10 de xuño de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/139-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMTA PRS801 apoios núm. D34 e núm. D35.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Predio

Lugar

Propiedade

Incidencia

Data ocupación

1

Bacelo

Hdos. Dolores Cadavid Rguez.

Enderezo descoñecido

9.6.2022