Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36980

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO da notificación a titulares descoñecidos do concello de Poio do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e posto que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e da retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

31.5.2022

36041A041000550000OD

Ver Campo. Poio/pol. 41-parc. 55

Descoñecida

31.5.2022

36041A041008700000OA

Tomada de Santo Atrás. Poio/pol. 41-parc. 870

Descoñecida

31.5.2022

36041A041008600000OJ

Polvorín. Poio/pol. 41 parc. 860

Descoñecida

31.5.2022

36041A041008590000OS

Polvorín. Poio/pol. 41 parc. 859

Descoñecida

31.5.2022

36041A031080000000OW

Rodal. Poio/pol. 31-parc. 8000

Descoñecida

31.5.2022

36041A031014750000OO

Río Maior. Poio/pol. 31-parc. 1475

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección referida comprobouse que nas parcelas mencionadas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. No caso da persistencia no incumprimento e transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se for o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello liquidará provisionalmente os custos aos cales previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos. Neste caso a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 1.505,73 euros por hectárea, para os traballos de corta polo pé, tronza, empillado e saca mecanizada das árbores.

Nº de expediente

Ref. catastral

Hectáreas afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional

1690/2019 (xMA19/054)

36041A041000550000OD

0,247193

876,50

1690/2019 (xMA19/054)

36041A041008700000OA

0,138413

490,79

1690/2019 (xMA19/054)

36041A041008600000OJ

0,054497

193,24

1690/2019 (xMA19/054)

36041A041008590000OS

0,029455

104,44

1736/2018 (xMA18/144)

36041A031080000000OW

0,351822

1.247,50

1736/2018 (xMA18/144)

36041A031014750000OO

2,812492

9.972,60

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

Poio, 31 de maio de 2022

Luciano Sobral Fernández
Alcalde