Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 28 de xuño de 2022 Páx. 36982

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira (técnico de xestión).

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 21 de xuño de 2022, unha vez concluído o procedemento selectivo, efectuouse o nomeamento de José Manuel Fernández López, con DNI ***1805**, como funcionario de carreira do Concello de Taboada na praza pertencente ao grupo A2, CD: 26, CE: 19.401,76 euros, escala: Administración xeral, subescala: xestión, denominación: técnico de xestión.

O que se fai público para xeral coñecemento para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción provisional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Taboada, 21 de xuño de 2022

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde