Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35537

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Láncara

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Por acordo da Xunta de Goberno Local, do 25 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, logo de someterse á Mesa Xeral de Negociación, que inclúe as seguintes prazas:

Denominación

Grupo

Nº de prazas

Sistema selectivo

Traballador/a social

A2/II

1

Concurso

AEDL

A2/II

1

Concurso

Encargado/a da Oficina de Información Xuvenil

C1/VII

1

Concurso

Monitor/a de tempo libre

C2/VIII

1

Concurso

Oficial 2º operario/a de servizos múltiples

E/VIII

1

Concurso

Oficial 2º tractorista

E/VIII

1

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interporse alternativamente recurso de reposición potestativo perante o alcalde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, ou á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en lugar distinto, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optar por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interporse recurso contencioso-administrativo ata que o primeiro sexa resolto expresamente ou se teña producido a súa desestimación por silencio administrativo.

Láncara, 26 de maio de 2022

Darío A. Piñeiro López
Alcalde