Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35538

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa vexetal.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación ou téndose intentado a notificación á persoa responsable, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Ponteareas, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Por medio deste anuncio comunícaselles e requíreselles ás persoas responsables a súa obrigación de xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas, concedéndoselles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.

Nº de expediente

Ref. catastral

Localización

Persoa responsable

4496/2022

36042A130013010000XL

Lg. A Gándara-Bugarín

En investigación

769/2022

36042A131003450000XK

A Telleira-Ponteareas

Modesto Viéitez González

3946/2022

0990905NG4609S0001EO

Avda. Fermín Bouza Brey

Josema Financiación

6350/2017

36042A146011090001ME

A Serra-Padróns

En investigación

3612/2022

36042A142001250000XR

Lg. A Portela-Padróns

Florencio Viéitez Real

Ponteareas, 31 de maio de 2022

María Cristina Fernández Davila
Alcaldesa